Resultados

Xinzo de Limia recibe o galego 10 Km.

Preto de douscentos atletas serán os que tomarán parte esta fin de semana a partir das 10:40 horas no XII Campionato de Galicia dos 10 km ruta que acolle o Concello de Xinzo de Limia.

Sobre a liña de saída, ubicada a carón do Pazo dos Deportes do Concello, non estarán nin Paula Mayobre nin Pedro Nimo gañadores o ano pasado en Marín, si en troques contaremos ca presencia de importantes atletas ó fronte dos cales se atopa o ourensá Alejo Ares do ADAS Proinor quen parte como favorito. Xunto ó campión galego de milla en ruta, compitirán sobre o asfalto de Xinzo, Rubén Diz do Ourense Atletismo,  Iván Roade do ADAS Proinor e Luis Iglesias do Arenteiro entre os cales podería estar a loita polos postos de podio.

Na categoría feminina, contarase ca participación da atleta do Unversidade de Santiago Tania Silvelo como favorita ó título co permiso de Sonia Teijeiro e Victorina Losada do Burgas Ourense así como Iria Fernández do ADAS Proinor, aspirantes todas elas a estar nos postos importantes da clasificación xeral.

No resto de categorías, atención especial a Aida Martínez do ADAS Proinor na Sub20 e a Corine Alsine do Negreira na Sub23 así como a José Corral do Arenteiro na M35, Antonio Fuertes do Real Club Celta na M55, Antonio Fraga do Milladoiro na M60 e a Emilio Gonta do Lucus CRG e José Cruces do Pinarium na M70,  todos elas/es medallistas na edición do ano pasado.

Compartir: