Reserva de xantar no Pavillón de O Aguillón, ao carón do circuíto, ata o xoves, 23 de xaneiro de 2020 no teléfono 670 212 957 (Berto)

Chega toda a emoción do Campionato galego de clubs

A disputa do XXI Campionato de Galicia de Clubs ao Aire Libre supón un dos primeiros acontecementos importantes do ano 2019. Con este evento arrinca o calendario de clubs de aire libre que terá como escenario as pistas ferrolás da Malata como xa o fixeran nas edicións do 2004, 2008, 2013, 2015 e 2017.

O formato competitivo (de atleta por proba) fai que esta cita pase por ser un dos acontecementos máis emocionantes do calendario oficial de probas, dando pé da mesma maneira, para que os clubs poñan a punto as fichaxes e reforzos da tempada de cara a esa inminente competición de equipos que a nivel nacional dará comezo en poucas datas.

Este ano os dous Celtas, tanto na categoría feminina como na masculina, terán que defender o título acadado o ano pasado precisamente nas pistas viguesas de Balaídos. Para elo terán enfronte á formación feminina da División de Honra do Ría Ferrol – CCA quenes cas súas 12 victorias no histórico do torneo, posicionánse como serias candidatas ó título. A Sociedad Gimnástica, o ADAS – Proinor e as lucenses do LUCUS Caixa Rural Galega a priori, poderían estar na loita polos postos de podio.

Na categoría masculina de igual modo, loita interesantísima a que se verá entre o Celta e a Gimnástica, nunha competición na que se lle da mellor ós celestes con oito títulos polos catro da Gimnástica. Atención ó Club Atletismo Santiago quen podería estar no caixón como xa fixera o ano pasado co permiso do Atletismo Narón quen tamén figura nas quinielas.

A compitición será a unha única xornada dando comezo ás 15:00 horas para rematar sobre as e 20:45.

Sorteo dunha camiseta oficial da FGA

Con motivo da celebración do campionato, a FGA quere sortear unha camiseta oficial entre todos aqueles/as quenes acerten a composición do podio en ambas categorías. Pare elo podedes deixar as vosas apostas nesta ligazón

Guía Campionato de Galicia de Clubs 2019

Foto de Gema Figueroa

Compartir: