Resultados en directo

Relación de nominados/as e premiados/as na Gala do Atletismo Galego

O día 29 de marzo a Federación Galega de Atletismo organizará co patrocinio do Concello de A Estrada, a XII Gala Anual do Atletismo Galego que distinguirá ós máis destacados atletas que durante o ano 2018 se fixeran merecedores dalgúns dos méritos para acceder a estes premios e nominacións.

O acto, que se desenvolverá a partir das 20:00 horas na Academia Galega de Seguridad Pública (Rúa Cultura s/n) situada no concello estradense, xuntará a boa parte dos estamentos atléticos xunto ós cales agárdase a presencia dalgunhas das nosas figuras máis internacionais do momento.

Entre os apartados que se premiarán están as dos distintos medallistas nos campionatos nacionais dende as categorías Sub16 ata os Máster, así como as das mellores marcas absolutas galegas. De igual modo existirá un apartado para as premiacións de medallistas internacionais, de clubs e de selección galega.

Os gañadores individuais das distintas categorías daranse a coñocer durante a propia gala.

Relación de Premiadas-os na Gala do Atletismo Galego. A Estrada 2019

Relación de premiadas/os en anteriores edicións

 

Compartir: