Resultados

A FGA e Torre de Núñez, asinan un convenio de colaboración

Na tarde de onte a empresa lucese Torre de Núñez e a Federación Galega de Atletismo asinaron un convenio de colaboración polo cal a marca líder de productos cárnicos, pasa a ser patrocinador de diferentes actividades oficiais que organiza o ente federativo tanto en relación a Campionatos de Galicia como a carreiras en ruta.

O Director Xeral de Torre Núñez destacou “a importancia do impacto que pode ter a entrada da súa firma no atletismo galego”. O Presidente da FGA, Isidoro Hornillos destacou que “é para nós un paso importante e agradecemos a Torre de Núñez a súa aposta decidida polo atletismo galego, co que esperamos que se poidan dar pasos conxuntos”. O Delegado da FGA en Lugo, José Pena pola súa banda sinalararía que “estamos moi agradecidos polo bo facer da Torre de Núñez , en relación á aposta polo atletismo“. Finalmente, o Vicepresidente da FGA, Jesús Vázquez acabaría sinalando “É para min un orgullo que unha das nosas empresas de referencia en Lugo aposte firmemente polo atletismo, no que terá moito impacto. Agradecemos a colaboración de José Manuel e a súa empresa”.

Compartir: