Resultados

Dúas novas importantes citas nacionais

Continuamos co desenvolvemento dos distintos campionatos de España que terán esta fin de semana tanto en Collado Villalba como en Oropesa del Mar, ós seus puntos de atención.

Para comezar a localidade madrileña dará acollida ó XLIV Campionato de España de Campo a Través Máster individual e por Clubs que xuntará a un total de seis atletas galegos. Entre eles se atopan no campionato individual Sonia Teijeiro na F35 do Burgas Ourense, Daniel de la Torre do San Miguel de Marín na M50 así como os atleta do C.A. O Pino Amador Pena na M35 e José Miguel Gómez na M40. 

Por equipos estará competindo o ADAS Proinor quen despraza a Yolanda Gutiérrez, Iria Fernández e a atleta de Logroño Susana Arrúa a tomar parte na categoría na F35.

De novo a marcha volve a escena

No mesmo día pero a 475 km. de distancia, Oropesa del Mar organizará o LXXI Campionato de España dos 20 km. ruta Absoluto e Sub23 onde se darán cita un total de 72 marchadoras/es. Entre elas destaca a figura da internacional Antía Chamosa quen tomará a saída sobre a proba dos 20 km. Sub23 xunto a tamén galega, Inés Valentín do Ourense Atletismo.

O resto de participación galega estará formada por Brais Prieto do Durango Kirol e Daniel Chamosa da Gimástica na Sub23 así como de Mar Chillón do A.F Celta e Samatha Mulloni do Ría Ferrol na absoluta.

Relación inscritos/as no Campionato de España de Marcha 20 km. Sub23 e Absoluto 2019

Relación de inscritos/as no Campionato de España de Campo a Través Máster 2019

Compartir: