Excelente campionato de España Sub20

Catro medallas, un récord de Galicia e un total de dez postos de finalistas, sería o balance total da actuación galega que tomaría parte no Campionato de España de Pista Cuberta Sub20 que se desenvolvería durante esta fin de semana nas pistas madrileñas do CDM Gallur.

A boa actuación galega tería nun dos seus protagonistas en Elian Numa López do Coruña Comarca, quen na proba dos 800 m. reafirmaría o seu excelente momento establecendo na final acadando a medalla de ouro cun crono de 1:55.22.

Sen abandonar a proba, a clara favorita na categoría feminina Raquel Meaños, cumpliría todos os pronósticos facéndose da mesma maneira co máximo metal logo de invertir un rexistro de 2:11.16 que serviría para sacar esa espiña que tiña cravada do ano pasado en Ourense onde se lle escaparía o título nacional. Excelente resultado para unha loitadora Sara López da A.Lucense, quen sobre a proba dos 3.000 m. lograría cun rexistro de 10:15.61 unha importante medalla de bronce no seu palmarés que mellora a sexta actuación do Sub18 do ano pasado en Antequera.

Olaia Guisela Becerril, estaría na loita polo título na proba de lonxitude cuxo triunfo escaparíaselle por apenas tres centímetros. A celeste, que saltaría nos de España absolutos ata os 6.10 m. MMP,  tería que conformarse con 5.83.

A outra das novas importantes sería o Récord de Galicia Sub20 e Sub23 protagonizado por Uxía Pereira da Atlética Lucense na proba final dos 60 m.v. A lucense establecería un crono de 8.77 que lle servirían para acadar a quinta praza na final. Mesma posición para a internacional do Ría Ferrol Lucía Sicre sobre os 1.500 m. con 4:46.41 que lle supoñen unha MMP.

O resto de finalistas serían: 6ª Eva Queimaño do A.F Celta en Pentathlon con 3.405 puntos; 7º Carlos Argibay da Gimnástica nos 200 m. con 22.34; 8º Saray Amoedo do Vila de Cangas en triplo con 11.18 m.; 8º Jaime Arias do Riazor Coruña con 14.92 en peso.

Resumen actuación galega nos campionatos de España Sub20 de Pista Cuberta 2019

Compartir: