Resultados

Federación e concellos marcan estratexias para a dinamización da comarca do Ortegal

A Federación Galega de Atletismo levou a cabo este xoves unha reunión de traballo no Concello de Cariño cos alcaldes e concelleiros de Deportes da zona, coa intención de abrir novas vías de traballo para a promoción do atletismo na comarca do Ortegal.

Por parte da Federación Galega, asistiron o seu presidente Isidoro Hornillos,  Vicepresidente Jesús Vázquez e Secretario Xeral Carlos Castro.

Os concellos participantes na reunión celebrada foron o de Cariño (que actuaría en calidade de anfitrión) representado polo seu Alcalde José Miguel Alonso Pumar e polo seu Concelleiro de Deportes Jonathan Miranda, polo Alcalde de Cerdido Benigno Galego, polo Alcalde de Cedeira Pablo Moreda e polo Concelleiro de Deportes de Ortigueira Anxo Lozano.

Na devandita reunión abordaríanse diferentes formulacións de actividades así como liñas de actuación estratéxicas de promoción do deporte na comarca do Ortegal. O rexidor anfitrión José Miguel Alonso Pumar, destacou “a boa predisposición tanto da Federación como das entidades municipais para o fomento da actividade atlética na comarca da que esperamos sexa o xerme para o inicio de novos proxectos” concluiría. Pola súa banda Isidoro Hornillos manifestou a súa gran satisfacción pola gran receptividade amosada por parte dos representantes municipais estando convencido da “seguridade e certeza de que se desenvolverán proxectos moi importantes para dinamizar o atletismo en toda a comarca”.

Compartir: