Destacadas lanzadoras este sábado no CGTD

Casi un cento de atletas tomarán parte mañá nas Pistas do CGTD de Pontevedra a partir das 10:00 horas no Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub16, Sub18 e Sub20

A presenza de casi todos os lanzadores e lanzadoras que se atopan en postos destacados do ránking nacional, vai posibilitar a presenza dun gran espectáculo deportivo na que se agardan importantes rexistros.

Por citar a algúnhas das máis importantes atletas que se darán cita, contaremos ca participación de Ivanna Carolina Román do Ría Ferrol que se atopa de primeira no ránking nacional de xavelina Sub20 con 40.56 m ó igual que Antía Sestelo do Ría Ferrol que encabeza claramente a súa categoría Sub18 con 45.07 m.  Nicolás Ortega do Coruña Comarca en disco Sub16 con 48.98 m. e Irene Gómez do A.F. Celta con 59.70 m. en martelo, serán outros dos líderes do ránking nacional quenes estarán presentes en Pontevedra.

En canto ó resto de actuacións, salientar a Marta Neira do AVA quen tomará parte no martelo logo de acreditar 41.05 m. que a sitúan de 2ª no ránking nacional Sub16; Nicolás García do R.C.Celta en disco con 52.91 m. (3ºRN Sub20) Eric Méndez do R.C. Celta en martelo con 61.47 m. (3º RN Sub18); María Pena de A Silva en xavelina con 40.64 m. (4ª RN Sub18); Yago Araujo do R.C.Celta en martelo con 60.70 m. (4º RN Sub20); Ainara Alejandre do ADAS Proinor con 39.56 m. (5ªRN Sub16) en martelo.

Campionato de Galicia escolar de campo a través

Noutro aspecto, o concello ourensán de O Pereiro de Aguiar dará acollida ó Campionato de Galicia de Campo a Través na que tomarán parte preto de catrocentos escolares clasificados nos sectores previos provinciais.

A cita será o sábado a partir das 11:30 horas no circuíto de Monterrei.

Compartir: