Resultados en directo

Importante fin de semana para a marcha galega

Un total de 28 marchadores e marchadoras da nosa comunidade acudirán esta fin de semana a localidade catalana do Vendrell para tomar parte en tres importante citas do calendario nacional como son o Campionato Absoluto e Máster individual, e o Campionato de España de Comunidades Autonómas Sub16 e Sub20

Unha selección nova e motivada

O responsable do sector de marcha da F.G.A. Carlos Morales acudirá ó fronte da expedición xunto ó xefe de equipo Francisco Javier Vázquez en voo directo o sábado pola mañán cara Cataluña onde o domingo participarán no nacional de autonomías que dará comezo ás 10:40 horas. Coma sempre as galegas e galegos, acuden a esta cita cuns equipos bastante compensados e na que a nivel xeral agárdase que todos estén entre os seis primeiros a nivel de federacións, destacando a priori, o combinado masculino sub16 que parte con serias aspiracións a estar entre entre os tres primeiros. A nivel individual tanto Roberto Vieiro como Iria Rivas perfílanse como puntas de lanza da selección galega.

Debut nos 50 km.

No que respecta ó Campionato de España individual, debut sobre a máxima distancia da modalidade dos irmáns Antía e Daniel Chamosa, quenes tomarán contacto cos 50 km. María Aboy do Cuntis nos 5 km. e Rita Vázquez do Ourense Atletismo nos 10 km. serán quenes tamén participen de igual modo no individual.

Un campionato de España Máster con claro protagonismo galego

Xa por último no Campionato de España Máster claras opcións de podio para dous dos atletas máis en forma a nivel nacional nestes intres. Juan Manuel Morales do Marineda (campión de España de aire libre o ano pasado), e Jose Fernández do Celta (subcampión nacional en ruta) tomarán parte sobre os 20 km. na categoría maiores de 35 nunha interesantísima proba na que o marchador celeste intentará repetir triunfo sobre o coruñés como xa fixera no galego de ruta de A Pobra.

Por último Conchi Campos do Cuntis na máster 40, será outra das bazas importantes galegas na loita polas medallas na proba feminina dos 10 km. na que tentará mellorar o bronce nacional colleitado o ano pasado.

Relación de inscritos galegos/as

Foto: AmigoPHOTO

Compartir: