Resultados en directo

Plan Galego de Tecnificación Atlética do sector de lanzamentos

Desenvolveuse o sábado día 2 nas instalacións do INEF Galicia unha concentración do sector de lanzamentos, incluída dentro do Plan Estratéxico Galego de Tecnificación Atlética 2018/2019

O responsable do sector Raimundo Fernández e o seu coordinador Pepe Domínguez, convocarían a un total de 32 atletas das categorías Sub16 e Sub18 así como ós seus adestradores a tomar parte nesta xornada. No transcurso da mesma, e como ven sendo habitual,  trala toma de datos antropométricos, comezaríase a desenvolver unha batería de test de condición física xeral e específica para centrar o traballo, rematadas estas, no aspecto técnico por especialidades.

Xunto ós atletas, estarían vixiando atentamente as súas evolucións ós responsables de cada modalidade entre os que se atopaban José Manuel Hermida en martelo, Frank Casañas en disco, Víctor Gallego en peso e Raimundo Fernández en xavelina.

O xornada dividiuse en dúas sesións, na sobremesa das cales, organizouse unha pequena charla con visualización de vídeos que contaría ca presenza do Presidente da FGA Isidoro Hornillos.

Compartir: