Resultados

Publicada a “Memoria Atlética Anual 2017/2018”

O departamento de estadística que dirixe Luis Gómez Fiaño, acaba de rematar a “Memoria Atlética Anual 2017/2018”. Este extenso documento amosa todos e cada un dos resultados acadados na tempada pasada polos nosos atletas nas distintas competicións nas que tomaron parte. Da mesma maneira elabora unha información detallada e precisa dos rexistros máis salientables tanto a nivel de clubs como individual,  convertíndose nunha ferramenta imprescindible ca que elaborar os distintos informes, memorias, subvencións e xustificacións da tempada pasada.

Memoría Atlética Anual 2017/2018

 

Compartir: