Excelente papel dos nosos Máster no nacional de Marcha

No día de onte e por delegación da RFEA, a Federación Madrileña de Atletismo en colaboración co Concello de Getafe (Madrid) organizaron o Campionato de España de Marcha en Ruta para atletas Máster ó que acudirían os representantes galegos Iván Morales (subcampión do mundo Máster no 2018) do Marineda e o José Fernández (bronce europeo Máster 2018) do Real Club Celta.

Os dous marchadores, quenes tomarían parte na proba dos 10 km. Máster 35, completarían unha formidable proba con resultados moi satisfactorios xa que o coruñés acadaría o título nacional cun rexistro de 46:46 sendo a medalla de bronce para o marchador de O Barco con 47:52.

Estos resultados supoñen un bo comezo para estes dous carismáticos marchadores que tentarán repetir ós éxitos acadados na pasada tempada.

Resultados

Compartir: