Resultados

Santiago acolle a I Xornada sobre Políticas Deportivas

O próximo venres día 23 de novembro a UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas) organizará as 18:00 horas na sede da Escola Galega da Administración Pública en Santiago a “I Xornada sobre Políticas Deportivas”.

A estas xornadas están convidadas as formacións políticas de En Marea, BNG, PSdeG-PSOE, PPCiudadanos, as cales debatirán sobre as súas propostas que en materia deportiva conteñan os seus programas.

Esta conferencia é unha excelente ocasión para coñecer de primeira man cales son as propostas deportivas e as diferentes iniciativas que en materia de educación física cada grupo político presenta.

Todos/as os/as interesados/as en asistir e participar neste interesante acto aberto, podédesvos inscribir ata o xoves día 22. 

Inscrición

Compartir: