Catro atletas nas Distincións ó Mérito Deportivo 2018

No día de onte entregaríase en Santiago as Distincións ao Mérito Deportivo do ano 2018, que este ano chegarían ata a sétima edición. Neste acto foron distinguidos un total de vinteseis deportistas entre os que se atopaban os atletas, Alberto Torreiro Santiso, Javier Alvarez Salgado, José Teixeira Alonso, Luis Nogueira Fernández e Natividad Astray Goicoechea

Estas distincións, que contaría ca asistencia tanto do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, como da Secretaria Xeral para o Deporte Marta Míguez, foron creadas mediante a resolución do 28 de outubro de 2010, da Secretaría Xeral para o Deporte e son concedidas anualmente por resolución do presidente da Xunta de Galicia, logo de proposta motivada do xurado cualificador, en recoñecemento do labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean contribuíndo, ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa comunidade autónoma.

Compartir: