Resultados en directo

Licenzas 2018/2019: normativa e novidades

Acábase de publicar a normativa de licenzas para a tempada 2018/2019, agardándose un incremento na tramitación das mesmas que continúe ca liña alzista dos últimos anos.

Como principal novidade para este ano, e no cumprimento da nova regulamentación europea de protección de datos de carácter persoal, establécese  a obriga do asinado do consentimento de tratado de datos, requisito sen o cal non se poderá tramitar ningún tipo de licenza.

Outra das novidades importantes e da que xa viñemos informando, corresponde a caducidade das licenzas, que pasarán a ter unha cobertura de 14 meses (ata o 31 de decembro 2019). Con esta medida preténdese adaptar a vixencia das mesmas ó ano natural que se fará plenamente no ano 2020.

Por último a equiparación das cotas dos atletas individuais a do resto de federados constitúe outro apartado novedoso para esta nova campaña.

Normativa Europea LPD

Licenza de clubs (modificacion de datos)

Licenza de clubs, adestradores, xuíces e atletas

 

Compartir: