Resultados en directo

O atletismo galego elixe ós/ás membros da Asemblea Xeral este sábado

O calendario electoral da Federación Galega de Atletismo continúa avanzando cara ese día 10 de novembro no que se producirá a votación ó/á futuro/a presidente/a do organismo deportivo autonómico.

Antes desa data, outra non menos importante cita cas urnas, será a designación dos membros da Asemblea Xeral este sábado día 29 de 16:00 a 20:00 horas. Para elo constituirase unha mesa por circunscripción cuxa ubicación estará nos seguintes locais:

A Coruña (Sede FGA) Avenida de Glasgow 13. Complexo Deportivo de Elviña.

Lugo (Delegación FGA en Lugo) Pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera.

Ourense (Delegación FGA en Ourense) Estadio de O Couto.

Vigo (Delegación F.G.A. en Vigo) Casa do Deporte. Fotografo Luis Ksado 17.

Ferrol (Delegación F.G.A. en Ferrol) Pistas de Atletismo de A Malata.

Pontevedra (Delegación F.G.A. en Pontevedra) Estadio da Xuventude – CGTD.

Santiago (Delegación F.G.A. en Santiago) Estadio da Universidade.

O Barco de Valdeorras (Delegación F.G.A. en Valdeorras) Estadio de Calabagueiros.

A proclamación provisional de candidatos electos farase o día 2 de outubro sendo a súa proclamación definitiva o día 10 do mesmo mes.

Calendario Electoral

Compartir: