21 medallas para os Máster galegos nos mundiais

Logo de doce días dunha intensa e interesante competición, rematarían en Málaga os Campionatos do Mundo Máster que achegarían ata a cidade andaluza a un amplo número de atletas galegos.

O balance non pode resultar máis satisfactorio xa que nada menos que vinte e unha medallas sería o “botín” para as nosas e os nosos, das cales dez foron de ouro, oito de prata e tres de bronce.

Sen lugar a dúbidas unha das protagonistas sería a atleta compostelá Esther Pedrosa quen remataría o mundial con catro podios. A atleta Máster 55 imporíase tanto no cros individual como por equipos, sendo prata nos 1.500 m. e rematando co bronce na proba dos 5.000 m.

As probas de medio maratón depararían excelentes resultados para os nosos representantes ca consecución dun total de cinco metales por equipos e dúas indivuais. Rubén Diz (M35) e Elías Domínguez (M45) imporíanse por partida dobre sendo os resultados só por conxuntos do máis destacado cos títulos mundiais de Rubén Pereira (M40) e Rafael Funtes (M45) así como o subcampionato para a Soledad Castro (W50).

Nas probas de cros e continuando cos resultados por conxuntos, Teresa Castro (W50) e Carmen Novo (W60) conseguirían unha prata e un bronce respectivamente.

Seguindo cas probas de pista, excelente comportamento de Eva Arias quen se proclamaría Campioa Mundial Máster 35 nos 2.000 m. Obstáculos e que darían paso ó bo papel de José Santamaría (M70) prata nos relevos 4×100 m. e Juán Morales (M35), mesmo metal sobre os 5.000 m. marcha. Por último Emma Valencia sumaría un bronce na proba dos 100 valos na Máster 35.

Os concursos tamén traerían medallas para os nosos representantes da man de Nacho Fernández, quen abriría o medalleiro galego co título mundial Máster 35 en martelo. Completarían esta actuación David Blanco (M35) prata en lonxitude así como as tamén pratas dos xavelinistas Emilia Mesa (W65) e Luis Nogueira (M60).

Relación de atletas medallistas Máster

Compartir: