Resultados

Segue a colleita nos mundiais máster de Málaga

Continúa o Campionato do Mundo Máster que na xornada de hoxe achégase a semana de competición con importantes e destacadas actuacións das nosas e nosos representantes.

Para comezar temos que que salientar o título mundial da atleta de O Barco Eva Arias Aira quen na proba dos 2.000 m. Obstáculos acadaría un rexistro de 6:51.32. A atleta internacional absoluta do ADAS Proinor que mesmo chegaría a ser medalla de prata nos Xogos Iberoamericaos no ano 2004 nos 1.500 m.,  engade un importanstísimo trofeo o seu palmarés.

Outro dos destacados sería o atleta lucense subcampión de España Máster, David Vázquez Blanco quen nunha moi disputada proba de lonxitude na que ocupada o oitavo lugar con 6.35 m. no seu penúltimo salto, impulsaríase ata os nada menos que 6.70 m. no último intento que lle darían esa excelente medalla de prata.

Emilia Mesa Soriano continúa a sumar trofeos e medallas internacionais. Logo de gañar este ano o europeo de pista cuberta en xavelina así como o nacional máster, segue con este novo subcampionato mundial logrado no mesmo concurso cun rexistro de 28.90 m. que supón un novo récord galego máster 65. A carismática atleta e xuíz, nada puido facer diante da campioa mundial,  a norteamericana Cohn,  quen establecería un récord mundial con 34.81 m.

Resultados

Compartir: