O atletismo galego fala en feminino

Logo de ter feito no día de onte un percorrido pola lista top10 do ranking nacional na procura de atletas galegos, continuamos hoxe ca lista das mellores atletas femininas.

A primeira das nosas que atopamos é a mundialista Solange Pereira quen na proba dos 800 m. figura no cuarto posto con 2:03.07, malia que é na “súa” proba, os 1.500, onde a de Cangas se sinte máis cómoda grazas ós seus 4:08.52 que supoñen ademáis mínima para o Europeo. Neste mesmo sector a xoven promesa do medio fondo Raquel Meaños que ben de tomar parte nos mundiais Sub20, escala a ata o oitavo lugar nos 800 m. cos seus 2:07.05 do pasado mes de xuño. Leti Fernández é outra das galegas mellor situadas nos “milqui” con 4:17.52 do meeting de Huelva que fan que ocupe os postos de honra desta lista.

Continuamos no fondo con ampla presenza, xa que nos 5.000 m. figuran nada menos que tres atletas galegas. A primera é Esther Navarrete nunha fantástica segunda posición, a once segundos da manchega Ana Lozano quen encabeza o ranking. No cuarto lugar atópase Carmela Cardama do Comesaña quen continúa co seu periplo estadounidense por estudos, e que no mes de abril establecería un rexistro de 16:12.15. Por último e nun posto máis abaixo, no quinto, Paula Mayobre con 16:20.63 acadado no Campionato de Galicia da Coruña onde completaría a distancia en solitario.

Nos 10.000 m. presenza de novo tanto Carmela Cardama como Esther Naverrete con 33:24.39 no posto quinto do ranking para a do Comesaña polos 34:11.08 e o noveno posto para a viguesa.

Nos sector dos concursos e dando comezo pola altura, parte como líder do ranking e clara favorita ó título nacional, Saleta Fernández con 1.86 m. A de Monforte que daría comezo ó aire libre con 1.78 vai centímetro a centímetro cara a esa barreira dos 1.90. Si o concurso de altura ten acento galego, non menos acento ten a proba de triplo onde a nosa medallista en Birminghan do ano pasado Ana Peleteiro con 14.42 m. domina esta especilidade con autoridade. Xunto a ela, e no quinto lugar do ranking, unha non menos importante presenza da atleta que defendería as cores da Selección Galega en Granollers,  Ruth Ndoumbe con 13.38 m.  Seguindo no foso pero de lonxitude, a plusmarquista galega Leticia Gil con 6.20 m. acadados este mesmo mes, sube ata o oitavo posto da lista nacional.

Ó igual que cos homes, o sector de lanzamentos continúa sendo un dos motores principais do noso atletismo con cinco atletas entre os top ten. Para comezar, en peso Belén Toimil que este ano os problemas físicos estanlle impedindo rendir ó cento por cento, lanzaría en abril ata os 16.49 m. que a colocan tras a líder Úrsula Rúiz a 45 cm. No disco de novo a de Mugardos entra no posto oitavo con 48.12 m. Xa no concurso de martelo a Sub18 Irene Gómez do A.F.Celta, sigue avanzando ca súa imparable progresión que a levarían a lanzar fai escasas datas ata os 54.60 m. e que representa ademáis dunha MMP,  a mínima para estar nos nacionais de Getafe.

De novo a xavelina, proba emblemática para o noso atletismo, destacan a internacional e campioa de España Lidia Parada do A. Barbanza quen con 55.42 m. sitúase no segundo lugar do ranking nacional tras os 59.69 m. da vasca Arantza Moreno. Importante presenza nesta mesma proba da internacional da Gimnástica Andrea González, cuxa notoria progresión fixo que lanzara ata os 45.59 m. facéndoa entrar directamente ata o posto dez da élite nacional

Por último nos 10.000 m. marcha a nosa internacional Antía Chamosa sitúase na segunda posición con 48.34.50, MMP efectuados recentemente no mundial Sub20,  cedendo tan só ante a madrileña Sub23 Lidia Sánchez Puebla.

Compartir: