Top 10 dos galegos no ranking nacional masculino

A estas altura da tempada e ca proximidade dos Campionatos de España Absolutos como última gran cita de referente a nivel nacional, son moitos os atletas galegos que logo de estar a traballar intensamente nunha dura e competitiva tempada, consiguen rematar entre os 10 primeiros do ranking RFEA o que os sitúa nese importante e selecto grupo formado pola elite do atletismo español.

Hoxe ímonos centrar no ranking nacional masculino (probas olímpicas) onde o primeiro dos galegos aparece no sector de velocidade. Javi Cancela do C.A. Santiago cos seus 10.49 (MMP) rexistrados en Vigo a semana pasada, fanno subir ata o noveno posto da sempre disputada lista de sprinters.

Adrián Ben Montenegro do F.C.Barcelona, que está a realizar unha excelente tempada, aparace no cuarto posto da distancia dos 800 m. logo de facer o 7 de xullo un marcón de 1:46.94 que representaría ademáis un novo récord galego Sub23. Non abandonamos a este atleta, xa que tamén figura no top dos 1.500 un posto máis abaixo, o quinto, e no que no pasado 22 de xuño asinaría outra non menos importante marca de 3:39.40 que de igual modo representaría un récord galego Sub23.

Seguimos no medio fondo e fondo e continuamos con outro dos importantes do noso atletismo neste sector xa que o subcampión de Europa Sub20 do ano pasado nos 5.000 m. Tariku Novales figura no oitavo lugar nesa mesma distancia cun rexistro de 13:49.39 acadados en Soria a mediados de xuño.

Nos saltos, o olímpico Jean Marie Okutu do F.C.Barcelona, está a un centímetro de liderar o ranking dende principios de xullo con 7.89 m. polos 7.90 do andaluz Hector Santos que figura á cabeza do concurso. No triplo o campión nacional absoluto do ano 2016 Alfonso Palomanes do F.C.Barcelona con 15.53 m. ocupa o décimo posto nunha proba que encabeza Pablo Torrijos con 16.92 m.

Continuando co importante sector de lanzamentos, o pentaolímpico Frank Casañas se atopa nos primeiros lugares no concurso de disco con 59.93 m. e no que un ano máis, Víctor Gallego da Gimástica entra no top10 no noveno posto con 52.72 m.

O martelo amosa a interesante e emocioante rivalidade que están a manter ó longo de toda a tempada os nosos dous mellores especialistas, Nacho Fernández, do Celta sexto con 62.34 e Carlos Revuelta do C.A Fent Cami Mislata, sétimo con 62.30 m. Si no campionato de Galicia o triunfo sería para o celeste, haberá que agardar o que aconteza no nacional de Getafe.

A xavelina, proba históricamente dominada pola nosa comunidade que agarda a que os nosos máis importantes lanzadores saian das súas lesións, confórmase con ver no sétimo lugar a Manuel Uriz do CA Fent Cami Mislata, cun lanzamento de 69.21 m. logo dese magnífico rexistro que supuxo un novo récord nacional de 80.64 m. do líder Odei Jainaga.

O compostelano Pedro Nimo do 3RUN by PedroNimo, é outro dos destacados, figurando no posto cuarto na proba de maratón con 2:15:12 o mesmo que a Selección Absoluta dos 4×100 m. quen con 45.74 sube ata ó quinto posto da lista.

Compartir: