Bo papel das Máster do Samertolameu

Excelentes resultados para o equipo feminino do Samertolameu no XII Campionato de España por Clubs Máster de primeira categoría desenvolto esta fin de semana en Elche.

O único representante galego nesta compitición acadaría o quinto posto cunha puntuación total de 56 puntos nun encontro dominado polo Barcelona Atlético quen acadaría un total de 94 puntos.

As de Moaña terían nas atletas relevistas dos 4×100 m. ás máis destacadas ó gañar a súa proba cun rexistro de 56.10. A maiores tamén resultarían importantes os resultados de Araceli Salgueiro, segunda nos 400 m., así como os terceiros postos de Elisabeth Pazo en peso e de Teresa Suárez Vila nos 800m. atleta esta última quen cun rexistro de 2:31.39 establecería un récord galego Máster 45. Por ultimo Cristina Estévez logaría para o seu equipo, o segundo lugar no concurso de altura e o terceiro no de lonxitude.

Resultados

Compartir: