Seis metais e oito finalistas no nacional Sub23

O Campionato de España Sub23 desenvolto esta fin de semana en Soria arroxaría un balance total para os nosos representantes seis medallas e oito postos de finalistas que igualan o número de metais colleitados o ano pasado en Torrent.

Na previa ó nacional absoluto, Tariku Novales nos 5.000 m. e marcando un rexistro de 15:00.57 cumpliría os pronósticos facéndose co título nacional nunha proba táctica que dominaría. Nesa mesma carreira importantísima medalla de bronce a conseguida por Miguel González do Lucus Caixa Rural con 15:09.13. o que representa o seu retorno a eite logo de superar os seus problemas físicos.

A segunda medalla viría da man doutra das grandes favoritas ó titulo no concurso de altura. A monfortina Saleta Fernández e cun salto de 1.77 m. sumaría o segundo ouro para o noso atletismo o que afianza a súa hexemonía logo de acadar os títulos sub23 e absolutos de pista cuberta.

Adrián Ben quen partía a priori como favorito sobre a distancia dos 800 m. tería que conformarse ca prata ó ser superado polo aragonés Arrosa. O remate 1:51.81 para o lucense que xa agarda polo nacional absoluto.

Paula Iglesias nos 400 m. repetiría metal de bronce do nacional de pista cuberta ó facer un carreirón e establecer unha MMP de 55.85 que a sitúan como un dos valores futuros da distancia. Pola súa banda non menos importante foi o tamén bronce no sector de lanzamentos do atleta da Gimnástica Sergio Paredes quen no concurso de martelo lanzaría ata os 52.93 m. (51.23/51.60/52.39/52.93/X/52.11) a tan só 12 cm. da prata.

No que atinxe ó resto de actuacións, salientamos os postos de finalistas conseguidos por: Riazor Coruña 4º nos 4×100 m. femininos con 48.30; Raquel Villa do Vila de Cangas 5ª  no peso con 11.88 m.; Uxía Pérez do Playas de Castellón 5ª nos 5.000 m. con 17:59.87; Anxo Blanco da Gimnástica 6º en triplo con 14.95 m.; Luis del Río do Real Club Celta 6º nos 800 m. con 1:53.16; Marineda Atlético 6º nos 4×100 m. homes con 43.59;  Iago Núñez do LUCUS CRG,  7º nos 110 v. con 15.33 e Vicente Suárez do Comesaña 8º nos 5.000 m. con 15:58.21.

Resultados

Compartir: