Resultados

AVISO IMPORTANTE. Confirmación do servizo de comedor universitario

De cara a programar o xantar do Campionato de Galicia Absoluto, os distintos equipos interesados en contratar o mesmo deberán enviar un correo a: comunicacion@atletismo.gal indicando un número estimado de comensales como data límite o mércores antes das 12:00 h. 

Lembramos que o comedor está situado a uns 100 metros das pistas, na Facultade de Económicas, constando o menú de:

1º – Ensalada de Pasta.

2º – Filete de polo con arroz ou patacas.

Sobremesa – Iogur ou natillas.

O prezo, que inclúe auga e pan, é de 8€ que deberá ser aboado na caixa.

Compartir: