Resultados

As combinadas, a ruta e os Sub16 centran a atención nesta fin de semana.

Pontevedra e Ribeira volverán a ser as sedes, como xa o fixeran o ano pasado, dos Campionatos de Galicia de Combinadas e de Medio Maratón que durante esta fin de semana centrarán a atención dos afeccionados ó atletismo.

A cidade do Lérez  acollerá o sábado e domingo un campionato na que tomarán parte atletas das categorías de cadete en adiante. Nos homes e como favorito ó título absoluto, contarase ca presenza do céltico Adolfo Sáinz Maza sendo a tamén celeste e internacional Eva Queimaño quen pola súa banda comparta esa mesma condición de favorita. Xunto ela, Karolina Puchmertlova (bronce o ano pasado) e Lucía Seijas serán as as encargadas de poñer emoción.  As probas darán comezo o sábado as 15:30 nas pistas do Centro do CGTD de Pontevedra horas para rematar o domingo as 13:00 h.

Xa no Campionato de Galicia de Medio Maratón un total de 194 inscritos aspirarán ó titulo autonómico para as categorías Sub20 en adiante, a na que a presencia na línea de saída de Manuel Hurtado, Elías Domínguez ou Jorge Crespo entre outros, garanten unha proba moi aberta. Nas mulleres o Comesaña a través das súas atletas Sofía Freaza (subcampioa o ano pasado), Sole Castro ou mesmo Patricia Feijoo, aspira a copar as tres primeiros postos de podio. A saída desta proba será as 10:00 horas dende a localidade de Aguiño en Ribeira.

Para rematar este intenso fin de semana, ata a localidade gaditana de San Fernando viaxarán un total de 20 atletas que disputarán o Campionato de España Sub14. A expedición galega tentará mellorar a medalla de bronce e os tres postos de finalistas acadados o ano pasado en Valladolid.

Inscritos/as Galego de Medio Maratón

Inscritos/as Galego de Combinadas

Inscritos/as Sub14 Nacional

 

Compartir: