Resultados

Santiago coroa ós fondistas de pista

Esta fin de semana aconteceu na Pista Universitaria de Santiago de Compostela o Campionato de Galicia de 5.000 m. para as categorías Sub-18 e Sub-20 (só mulleres)  e o 10.000 m. para as Sub-20, Sub-23, Absoluto e Máster.

Nesta proba que abre o calendario de aire libre, tomarían parte atletas achegados de todas as delegacións na que o máis importante Soledad Castro Soliño do Comesaña Sporting Club na categoría Máster 50 quen completaría os 10.000 m. con 40:27.44, cerca dea sua mellor marca de 39.47.80 do ano 2016. Esta marca serviría a atleta internacional, da mesma maneira, para lograr o subcampionato da proba que sería gañada por Ariana González do Trega con 39:44.26. Na categoría masculina o título autonómico foi para o lucense do LUCUS Esteban Iglesias cun tempo oficial de 31:56.41

Continuando co resto de categorías, a vencedora da categoría Sub-23 feminina sería Laura Santos do A.F. Celta 40:40.77. Na proba dos 5.000 m. Sonsoles Martín do ADAS Proinor e Ermias Fernández do Coruña Comarca con 18:53.21 e 16:19.21 respectivamente, imporíanse na categoria Sub-18 ó igual que María Pérez do Comesaña S.C. con 20:05.38 na Sub-20

Na categoría máster triunfos para María Teresa Couto do Noitebra con 46:01.95 e José Lojo do S.M. Marín con 33:30.00 na máster-35; José Ferreira do CAR Marisqueiro con 34.04.66 na Máster 40; Ana Suárez de A Silva con 49:56.88 e Xosé Meizoso do Olympico As Pontes con 37:26.71 na máster 45; Soledad Castro do Comesaña con 40:27.44 e Fernando González do A. Noia con 37:51.46 na máster 50; José Benito Gómez do Veteranos de Ourense con 38:20.40 na Máster 55 e por último José Matías Regueira do A.D. Barbanza con 45:45.56 na Máster 65.

Resultados

Compartir: