Ribadavia decidirá ós mellores do campo a través

No día de onte a Deputación de Ourense foi o escenario da presentación do LXXXIII Campionato de Galicia de campo a través no que supón a conta atrás da máis importante cita da tempada atlética invernal na nosa Comunidade.

Como xa viñera acontecendo nas dúas últimas tempadas, a Area Recreativa de “A Veronza” no Concello de Ribadavia será de novo a sede o domingo día 4 a partir das 10:30 horas, deste importante evento que contará, malia as notables ausencias, con todos os ingredientes para gozar dun emocionante espectáculo deportivo.

Na categoría absoluta masculina e ante ausencia do actual campión, Lolo Penas, son varios os aspirates que estarán na loita polo título autonómico. Entre eles cabe citar a Manuel Hurtado que ven de gañar o Cros Curto por clubs de A Rúa fai unha semana, Alejandro Fernández que logo de estar un ano lesioado acude a esta cita despóis de impoñerse fai uns meses na San Martiño, Pedro Nimo con seis títulos de Campión Galego nas súas costas ou mesmo Alejo Ares cuxa progresión fan del un home a ter moi en conta.

A categoría feminina non deixará de ser menos interesante xa que a loita entre Esther Navarrete, que defende título, e Leti Fernández, nun excelente estado de forma, acaparará  a atención de boa parte do público. Xunto elas estará tamén na loita Sandra Mosquera, que o ano pasado xa acadara o subcampionato neste mesmo escenario.

A nivel de equipos todo moi aberto cun serio aspirante en ambas categorías, o ADAS-Proinor, que saería moi fortalecido dos seus trunfos no cros curto de A Rúa, malia elo non haberá que perder de vista nin a Gimnástica de Pontevedra, Comesaña S.C. nin ó Atletismo Santiago. Atención de igual modo as posibles sorpresas que poidan acontecer como a que protagonizaría o Miller Runing Club fai unha semana ó “colarse” no podium.

Si todo esto acontece a nivel individual e por clubs, a nivel de Selección Galega cóntase co engadido de estar en xogo as prazas que dan acceso a representar a nosa Comunidade no Campionato de España de Campo a Través que se desenvolverá en Mérida o vindeiro día 10 de marzo e na que lembramos que se seleccionan directamente os cinco primeiros atletas homes senior así como os tres primeiros do resto de categorías.

Facendo un pouco de historia e estatística, lembramos que a atleta que máis Campionatos de Galicia de Campo a través ten é a mítica atleta viguesa Estela Estévez con oito títulos acadados nos anos 1982, 1984, 1986, 1988, 1989, 1990, 1991 e 1994.

Xa na categoría masculina,  son tres os atletas que comparten esa distinción con seis títulos cada un:  Estanislado Durán (1978, 1979, 1981, 1982, 1983, 1985); Alejandro Gómez (1989, 1993,1994, 1995, 1996, 1997) e o xa citado Pedro Nimo que caso de gañar en Rivadavia convertiríase no atleta masculino máis laureado ( 2005, 2006, 2007, 2008, 2013 e 2014).

Guía Campionato de Galicia de Campo a Través 2018

 

Compartir: