Ante as recomendacións recibidas por parte da Delegación en Lugo que alertan da presenza de neve nas instalacións do Estadio Gregorio Pérez Rivera para este sábado e que dificultarían a realización do II Campionato de Galicia de Lanzamentos Sub-16 e Sub-18 co consecuente perxuízo para os rexistros dos atletas, trasladarase o devandito Campionato ó sábado día 17 de febreiro.
Tal decisión NON AFECTA ás probas do Módulo cuberto que se desenvolverán segundo ó horario previsto.
Ampliarase información en próxima circular.