Resultados

Emoción e récords galegos na I Copa de Clubs Master

A Pista de Atletismo Cuberta de Ourense daría acollida o pasado día 23 a I Copa de Clubs Master nas que se xuntaban por estadillo ós seis mellores equipos galegos.

Nas novas instalacións, disputaríanse en xornada de tarde o programa de probas nas que se establecerían nada menos que dazesete novos récords galegos o cal pode dar unha orientación da importancia que esta infraestrutura terá para a mellora do atletismo autonómico en xeral. Entre os mesmos salientamos os récords de Luis Nogueira do ADAS-Proinor quen por partida dobre melloraría na categoría M-60 as marcas de 60 m.v. (11:86) e de Triplo con  (10,09 m.). Da mesma maneira o equipo de relevos 4×200 m. de A Silva na categoría maiores de 50, superaría tanto na categoría masculina coma feminina o tope autonómico con 2:00.54 e con 2:31.70 respectivamente.

No que atinxe ó apartado de clubs, sería o ADAS-Proinor a formación quen se proclamaría gañadora desta I Copa de Galicia Master en homes cun total de 56 puntos, ocupando a segunda posición o C.A.Santiago con 49 puntos sendo o terceiro lugar para A Silva con 44 p. Os de O Barco de Valdeorras cimentarían ó seu trunfo grazas á súa regularidade a nivel xeral  xa que só gañarían en tres probas, polas seis dos santiagueses, segundos clasificados.Na categoría feminina sería o club do Atletismo Sanmertolameu quen se proclamaría vencedor con 51 puntos estando acompañadas no podium por A Silva con 44 p. e ADAS-Proinor con 40 p. As de Moaña terían en Rosa Ana Santos a unha das súas máis destacadas atletas, gañando  para a súa formación as probas dos 60 m.l. e dos 200 m.l.

Resultados

Resumo e Récords batidos

Compartir: