Resultados

A I Copa de Clubs Master, decídese en Ourense

Esta fin de semana a Pista Cuberta de Ourense acolle a I Copa de Clubs Master Indoor que terá lugar nunha única xornada o sábado día 23 a partir das 16:30 horas.

A FGA logo de ter analizado e estudiado a proposta da Comisión de Veteranos en relación ó desenvolvemento deste campionato, decidiría habilitar unha partida orzamentaria para a posta en marcha desta primeira edición. Para determinar os seis clubes participantes elaboraríase un estadillo de marcas da pasada tempada que daría o nome das entidades que loitarán por inaugurar o palmarés desta edición.

Con este formato de competición, a I Copa de Galicia Master súmase a XII Copa de Galicia de Clubs que se desenvolverá o vindeiro día 7 de xaneiro.

Equipos que tomarán parte na I Copa Master de Pista Cuberta

  • Categoría Masculina. ADAS-Proinor / Atlética A Silva / C.A.Sada / C.A.Santiago / Marineda Atlético / Ourense Atletismo.
  • Categoría FemeninaADAS-Proinor / Atletismo Samertolomeu /  C.A.Millaraio/ Atlética A Silva/ C.A.Sada/ C.A.Santiago.

Compartir: