Resultados

Récord galego e mínina europea para Nicolás García en disco

Durante a primeira xornada de lanzamentos desenvolta na localidade lusa de Vila Nova da Cerveira, a que os nosos lanzadores adoitan acudir, o atleta do Real Club Celta de Vigo Nicolás García Area, acadaría unha mellor marca galega en disco (1,5 Kg.) de 53,90 m. o que ademáis supón a mínima de participación para tomar parte no Campionato de Europa Sub18 que se desenvolverá na localide húngara de Gyor a principios do mes de xullo.

Con este rexistro a xoven promesa dos lanzamentos, que adestra na actualidade no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, sustitúe os 52,47 m. que dende o ano 2003 Víctor Gallego posuía como plusmarca autonómica.

Malia súa etapa formativa, Nicolás García acumula unha ampla experiencia de éxitos competitivos entre os que salientamos o seu título de Campión Nacional de disco na categoría cadete no ano 2016

Compartir: