Entrega dos premios do IV Circuito Carreiras Populares Deputación da Coruña

No día de onte, tería lugar a entrega de trofeos correspondente ó IV Cicuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña na sede do citado organismo provincial.

O acto estaría presidido polo  Deputado provincial de Deportes Juan García Liñares ademáis do Presidente da Federación Galega de Atletismo Isidoro Hornillos, que destacarían a  importancia deste evento na que tomarían parte vinte e oito concellos con preto de 15.000 atletas participantes en total.

O numeroso público asistente ó acto vería como se irían premiando os tres primeiros clasificados das distintas categorías. A nivel absoluto individual os trunfos corresponderían para Rocío Alvite e Amador Pena sendo por clubes absolutos o Atletismo Sar vermut Petroni o domiñador tanto en mulleres coma en homes.

Ligazón Ligazón