Resultados

Deixounos José Antonio Bastos

O xuiz da Delegación  coruñesa José Antonio Bastos, finaría onte a idade de 86 anos .

Bastos, como se lle coñecía, era natural de Madrid pero coruñés de adopción, destacando pola súa ampla actividade mentres permaneceu en activo. De caracter sempre afable, no ano 1966 chegaría ó nivel de xuiz nacional que lle permitiría entre outros logros, tomar parte nos XX.OO de Barcelona 1992. No ano 2002 convertiríase en xuiz Honorífico continuando ca súa tarefa ata fináis do 2010 momento no cal, e por problemas de saude, iría paulatinamente abandoando as pistas.

Por expreso desexo da familia os seus restos serán incinerados na intimidade familiar.