Resultados

Pouca fortuna dos clubes galegos na segunda xornada da División de Honra

A sorte non acompañaría ós equipos galegos que competiron na segunda xornada do Campionato Nacional de Liga de División de Honra. Así o equipo masculino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra acadría no dia de onte a cuarta posición no seu encontro no que se mediría as formacións de Playas de Castellón, Tenerife Caja Canarias e Gropompleo Pamplona At. Malia. Por arte dos pontevedreses tan só trunfo de Carlos Porto nos 1500 m.l. nun encontro gañado claramente por un dos claros favoritos o título, o Playas de Castellon.

Pola súa banda o RIA Ferrol-CCA non puido evitar de novo nesta segunda xornada o último lugar do seu cadrangular, na que Paulette Fernández nos 400 m.v. volvería a reportar a victoria parcial das departamentáis como xa o fixera na primeira xornada. O RIA tentará no último e decisivo encontro permanecer un ano máis entre a élite Nacional feminina nunha complicada pero posible empresa.

Ligazón Ligazón

Normativa de Compitión

Compartir: