Emoción e competitividade no I Campionato de Galicia de Relevos

As pistas de Monterrei no Concello de Pereiro de Aguiar, verían desenvolverse no dia de hoxe o I Campionato de Galicia de Relevos para as categorías de cadete ata absoluto. Nun campionato exitoso a nivel organizativo no que tan só houbo que lementar dúas descalificacións, serían os conxuntos absolutos masculinos do Riazor Coruña no 4×100 e do Coruña Comarca no 4×400 m. quenes se proclamarían campións da presente edición nun podium na que a presenza do Marineda outorgaba un marcado acento herculino no caixón absoluto.

No resto de categorías poidemos presenciar de novo os trunfos dos cuartetos do Clube Riazor Coruña na categoría Junior feminina nos 4×100 e nos 4×400, completando o seu excelente campionato co título galego de Promesa masculino do relevo curto.

Destacado papel tamén a dos relevistas cadetes da Sociedad Gimnástica quenes se proclamarían Campións autonómicos nas probas de 4×100 tanto en homes coma en mulleres, así como na dos 4×300 m. masculinos.

Os atletas do Marineda subirían ó máis alto do podium por partida dobre na categoría xuvenil feminina e na Promesa masculina ambas no 4×100 m.

Pola súa banda os relevistas do Clube Santa Uxía Atletismo acadarían o pleno na xuvenil homes ó acadar as victorias tanto no relevo longo como corto. Por último as lucensas do Francicanos de Lugo, imporíanse no 4×300 feminino

Ligazón

Compartir: