Resultados

Gimnástica, C. A. Santiago e A.F. Celta protagonistas no Galego Cadete e Junior de clubs

Na xornada de hoxe as Pistas lucenses do Estadio Gregorio Perez Rivera deron acollida ó Campionato de Galicia Cadete e Junior de Aire libre na que tomaron parte un importante número de atletas e clubes na procura deste importante título colectivo.

En canto a resultados salientar o dominio na categoría cadete do equipo pontevedrés da Gimnástica quen se imporía tanto en homes coma en mulleres estando compañado no podium masculino polos equipos do Lucus Caixa Rural Galega e Real Clube Celta así como pola Agrupación Viguesa de Atletismo e polo Lucus Caixa Rural Galega na feminina.

Na categoria Junior o trunfo feminino correspondería para as viguesas do A.F. Celta sendo o conxunto do RIA-CCA o segundo clasificado correspondendo a terceira posición para a Gimnástica. Para rematar, e na categoría junior masculina, o Clube Atletismo Santiago proclamaríase campión galego por diante do Lucus Caixa Rural Galega e do Real Clube Celta, segundo e terceiro respectivamente.

As probas que discurriron en dobre xornada, foron retrasmitidas en directo por streaming poidendo ser presenciadas en tempo real por todos aqueles que quixeron seguir este encontro.

Ligazón Ligazón Ligazón Ligazón Ligazón

Compartir: