Resultados

Excepcioal ambente na Concentración de Relevos Cadete da F.G.A.

O pasado fin de semana o sector de Velocidade, desenvolvería nas pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera de Lugo unha concentración de velocidade para a categoría cadete.

Segundo o responsable do sector Jose Carlos Tuñas, “A concentración tiña coma finalidade poder preparar os relevos do Campionato de España do CSD para o cal convocamos a velocistas, saltadores e incluso xente de 600 e 1000 m.l. xa que anormativa do campionato non deixa seleccioar atletas exclusivos para o relevo”. Malia a duración da xornada que sería tan só dun dia, amósase satisfeito polo rendemento da mesma ” fixemos dúas sesións de traballo na que vimos tanto a regulamentación coma a técnica de entrega nas dúas modalidades de relevos. Tamén contaríamos con algo de tempo para traballar as saidas”

Ademáis do traballo técnico, quixo por en valor o extraordinario ambente atlético e de compañerismo que atoparía en Lugo “da gusto estar presente neste tipo de concentracións xa que tanto atletas coma técnicos amosan moitísima ilusión, gañas e motivación dando por máis que cumplidos os obxectivos marcados…” e como mostra dese positivo ambente avanzaría que ” teño en mente facer unha concentracion de polo menos unha fin de semana para poder dispor de máis tempo cos que abordar aspectos máis técnicos e específicos do noso sector”

Compartir: