Resultados

Da comezo o V Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

Este pasado fin de semana ca disputa da VII Carreira Batalla de Cacheiras gañada na categoría absoluta por Tina Fernández e Lolo Penas, abriríase o V Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña que este ano contará cun total de 30 probas e que ata o vindeiro dia 30 de decembro, ca celebración da V San Silvestre Concello de Fene, percorrerá os distintos Concellos da provinza.

Este evento que ano tras ano se está a converte nun claro referente do pedestrismo tanto provincial como autonómico, pasa por ser o máis importante en canto ó número de participantes se refire, estimándose que na edición pasada serían preto de 20.000 os atletas que tomarían parte no mesmo.

Como todos os anos ó final do circuito establecarense importantes premios económicos tanto individuáis como por equipos a aqueles atletas ou entidades que teñan acado unha maior puntuacion ó longo das trinta xornadas .

Ligazón

Compartir: