Resultados

Lugo, Vigo, Lorenzá, A Coruña e Riveira, principáis esciarios competitivos para esta fin de semana

Ca chegada da fin de semana, son moitas e variadas as citas atléticas que teremos ó longo de toda a nosa xeografía e que darán comezo a mañán do sábado cas fases XOGADE de campo a través de Santiago e da Coruña, coincidindo esta última tamén ca celebración do VI Cross Parque dos Menhires (integranbte do II Circuito de Campo a Través da FGA) e que dará acomezo as 10.30 horas. Xa no serán turno para o Campionato de Galicia de Velocidade (60 ml. e 60 mv.) que volverá a ter ó Módulo Cuberto de Lugo como esciario do mesmo as 16.30 horas e no que se aproveitará para desenvolver un control de marcas organizado polo Lugo Running

Xa no domingo contaremos na Lourenzá ca celebración da I Cross Comarcal da Mariña Lucense que dará comezo as 12.15. para rematar esta modalidade de campo a través cas clasificatorias escolares que se desenvolverán en Lugo.

As II Xornadas Municipáis Concello de Vigo en pista organizadas polo AVA en Balaidos as 11.00 horas, así como o Control de Marcas en Riveira cun amplo programa atlético que principiará as 10.00 h. pecharán a axenda atlética desta fin de semana