A gran cita da velocidade galega, esta fin de semana en Lugo

O sábado as 16.30 horas terá lugar no módulo de atletismo de Lugo a gran cita da velocidade galega que contará ca presencia dalgúns dos millores especialistas galegos na loita polo título galego tanto dos dos 60 m.l. e 60 m.valados

Entre os inscritos sen lugar a dúbidas a gran atración será a presenza do atleta olímpico de Marín nas filas do F.C.Barcelona Jean Marie Okutu que terá como obxectivo achegarse a súa millor marca que dende o ano 2014 ten con 6.91. e cuio récord galego lembramos que está en 6.82 dende o ano 2008 que posúe Pablo Comendador, que tamén tomará parte neste campionato.

Teresa Rodríguez Miguelez tanto nos lisos como nos valados e José Ignacio Tomás nos 60 valados ambos dos Riazor Coruña, a priori parten con certa ventaxa de cara ó título de campións galegos

Existirá final A e B pasando as mesas os millores tempos das eliminatorias

Circular

Relación de admitidos