Resultados

Visita do Responsable do sector de saltos a O Barco

Continúan as visitas dos distintos Responsables Técnicos da Federación Galega de Atletismo ó longo de todas as Delegacións aprobeitando estas datas de nadal.

De novo o responsable de saltos verticáis Santi Ferrer Alonso acompañado por Xulio Ventín, serán quenes o martes dia 3 de xaneiro visiten o núcleo atlético do O Barco para que – e ó igual que fixeran a semana pasada en Lugo- desenvolvan un programa de sesións técnicas cos distintos atletas da zona.

De igual modo tamén se manterá xuntanzas cos adestradores da Delegación que estarán abertas á participación de todos cantos técnicos estén interesados en tomar parte nas mesmas.

Os horarios serán de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 17.30 h. no Estadio de Atletismo de Calabagueiros