Resultados

Seis medallas para os marchadores galegos no nacional de promoción

De novo a marcha galega volve a colleitar un destacado resultado como consecuencia das seis medallas logradas durante a desputa do VI Campionato de España de Marcha de Inverno que se desenvolvería no concello murciano de Cehegin no dia de hoxe.

O máis salientable sería a medalla de Ouro do atleta xuvenil do C.A.Santiago, Roberto Vieiro quen se proclamaría campión de España marcando un rexistro de de 22.11.36 na proba dos 5000 m. marcha o que representa un suma e segue na súa fantástica progresión.

As medallas de plata corresponderían para os atletas Brais Prieto Espiño do Real Club Celta na categoría Junior con 23.38.94; Iria Rivas Iglesias do C.A.Cuntis na categoría xuvenil con 25.38.96 e para Antía Chamosa Dacasa do C.A.Valladolid na categoría Junior con 24.29.37

Por último os bronces serían para os cadetes Ana Piñeiro do A.Vila de Cangas nos 3000 m. con 15.10.75 e para Hugo Martínez Casanova do C.Franciscanos de Lugo nos 5.000 m. con 24.17.97

Ligazón