Marcha, Campo a través e Ruta para esta fin de semana

Actividade completa e variada a que nos depara o calendario de probas oficiáis da FGA para esta fin de semana.

O sábado contaremos ca xornada de Campo a Través Escolar (XOGADE) da zona de Ferrol as 11.00 horas no que supón o comezo da tempada atlética escolar nesta modalidade. Pontevedra da mesma maneira acollerá as 10.30 nas Pistas do C.G.T.D. o a primeira edición do Trofeo Escola de Marcha Atlética da Deputación de Pontevedra para rematar o mesmo sábado, e sen sair de Pontevedra, ca disputa da Milla Solidaria Anedia, que a diabete non te pare e na que un total de máis de seiscentos atletas tomarán a saida a carón da Deputación provincial as 16.30 horas do serán.

Na xornada do domingo sen lugar a dúbidas o máis interesante será a saida as 10.30 horas da XXXVII Carreira Popular de Negreira, incluida no IV Circuito Deputación da Coruña e dotada de importantes premios en metálico. Lembramos que esta proba incluida no calendario nacional figura no posto dazaséis das millores carreiras do calendario R.F.E.A.

Xa para rematar o fin de semana, o Cantón de Molíns de Ferrol dará a saida a partir das dez a III Carreira Popular “AECC en marcha-Contra el cáncer corre por Ferrol” de carácter solidario

Compartir: