Resultados

XVII. Andrés Díaz, o primeiro medallista nun mundial indoor do noso atletismo

Andrés Manuel Díaz Díaz (A Coruña,1969) representa ó último dos grandes especialistas de medio fondo masculinos que daría o noso atletismo a nivel internacional.

Comezaría facendo atletismo en categorías inferiores da man do seu adestrador Emilio Rogel destacando xa nas probas de medio fondo grazas entre outras cousas a súa extraordinaria tipoloxía.

Xa becado na Blume de Madrid as ordes de Manuel Pascua, centraría a primeira parte do seu periplo principalmente sobre os 800 m.l. na que chegaría a proclamarse campión de España Indoor no ano 1992 (repetiría título no 97) así como de establecer ese mesmo ano a súa MMP ó aire libre con 1.45.89. Sería precisamente ese rexistro o que lle permitiría acudir ós seus primeiros Xogos Olímpicos en Atlanta-96 onde tomaría parte o 28 de xullo na cuarta eliminatoria quedando terceiro con 1.47.86.

Rematados os Xogos “retomaría” a súa preparación para os 1500 m. onde chagarían os seus maiores éxitos tan só tres anos máis tarde. En 1999, ano moi importante no seu palmarés, lograría na Reunión Internacional indoor de Grecia o récord europeo da proba con 3.33.32 (vixente ainda). Unha semana despóis nos Campionatos do Mundo de pista cuberta en Maebashi, cacadaría un dos máis importantes logros do atletismo galego, unha medalla mundialista de bronce tras o mítico etíope Haile Gebrselassie e o keniano Laban Rotich. Remataría ese fantástico ano ca quinta posición nos mundiáis de aire libre en Sevilla así como co título de campión de España.

No ano 2000 establecería a súa MMP con 3.31.48, a sétima millor marca mundial dese mesmo ano, presentándose nos Xogos de Sidney nun moi bo estado de forma. Nos citados xogos completaría unha participación excelente, plantándose na mesmísima final para rematar na sétima posición en posto de finalista con 3.37.27 nunha proba gañada polo keniano Noah Ngeny con récord olímpico

Andrés Díaz sería internacional en 21 ocasións acadando o título de campión de España absoluto en outras catro. Militaría nos clubes do R.C. Deportivo, CUA de Santiago, Atletismo Coruña, Nike Internacional, Marineda e Kelme. A nivel académico é licenciado en Ciencias do Deporte e a Educación Física centrando a súa actividade profesioal na xestión e preparación físico-deportiva.

Xogos Proba Marca Posto
Atlanta-96 800 m.
1.47.86 4ª serie 3º
Sidney-2000 1500 m.
3.38.54 3ª serie 3º
Sidney-2000 1500 m.
3.38.41 6ª semf. 2º
Sidney-2000 1500 m.
3.37.27

LigazónFinal Olimpica 1500 Sidney-2000

15 anos de récord e Curriculum RFEA