Resultados

XIII. Estela Estévez, a atleta con alma e corazón celeste

Seguindo co especial de olímpicos galegos, hoxe falamos da muller que sería todo un estandarte para o sempre importante e notorio atletismo céltico

Estela Estévez Barreiro (Vigo, 1965) sería outras das excepcionáis atletas que se encargaría de formar Oliva Román. Xa a fináis dos setenta o seu mestre e primeiro adestrador Bernardo Almuiña, vería na xoven Estela unhas óptimas cualidades para o atletismo cas que comezaría a destacar como federada no Comesaña Sporting Club. Xa no ano 1980, e ca súa adestradora de sempre, daría comezo a formarse a gran atleta que durante os anos oitenta e metade dos noventa domiñaría as probas de fondo e cross do atletismo nacional.

Os seus primeiros títulos de campiona de España chegarían sendo ainda xuvenil no ano 1981 acadando as victorias en cross e nos 1500 m. Dende ese momento (xa no clube Celta) non pararía a colección de campionatos que a levarían a acadar oito títulos de campiona de España en probas de fondo e cross asi como tres récords nacionáis entre os que salienta o dos 3.000 m. no ano 1992 con 8.55.58. Sería precisamente este rexistro o que a permitiría tomar parte nos Xogos Olímpicos de Barcelona a os cales acudiría xunto a cinco galegos máis e que convertirían a esa edición, na máis numerosa en canto a presenza de atletas galegos da historia.

No estadio Olímpico compitiría o dia 31 de Xullo data que tecnicamente a converten na primeira atleta galega feminina en tomar parte nuns Xogos (Angeles Barreiro competiría dous dias despóis) tomando parte na primeira serie dos 3.000 m. e completando unha fantástica carreira que a farían chegar na sétima posición con 8.55.70.

Internacional en vinte sete ocasións, serían lexendarios e ainda lembrados, os duelos mantidos con Xulia Vaquero tanto na pista coma nos circuitos de cross

No ano 1996 co nacemento do seu segundo fillo poría o peche a toda unha vida atlética na alta competición, malia que ao igual que acontece con moitos, continúa compitindo e tomando parte en probas de ruta.

Xogos Proba Marca Posto
Barcelona-92 3.000 m.
8.55.70 7ª na 1ª serie

Un espacio para la Historia: Estela Estevez (Emilio Navaza)