XII. Carlos Adán, un cuarto de século de atletismo intenso

José Carlos Adán Arias (Vigo,1957) é outro dos atletas galegos importantes que na época dos noventa destacaría nas probas dos 5.000 m., 10.000 m. e cross constituindo xunto a Alejandro Gómez a punta de lanza na que se convertiría o atletismo galego nas probas citadas masculinas tanto a nivel nacional coma internacional.

Sendo novo comezaría destacando en distancias longas que o levarían a ser seleccioado para o Mundial Junior de cross en Neuchatel ocupando a décimo novena posición . Xa na década dos noventa e da man do seu adestrador Julio Rodríguez, sería onde desenvolvería a súa máis intensa actividade deportiva na que compre salientar a participación nos Xogos Olímpicos de Barcelona. Na capital condal tomaría parte na segunda serie dos 10.000 m. na que ocuparía a décimo primeira posición cun rexistro de 28.50.38 sendo por tempos o millor dos tres participantes españóis.

A maiores conseguiría varios metáis ca selección nacional tanto en mundiáis como europeos de cross acadando no ano 2001 o título de campións europeos na cidade suiza de Thun. A nivel individual o máis salientable sería o sexto posto nos europeos do 94 de Helsinki sobre os 5.000 m.

Foi campión de España de 10.000 m. na categoría promesa no ano 1987 e de cross senior no ano 1994 acadando a internacionalidade en trinta e catro ocasións. Militaría en varios clubes entre os que salientamos o Real Clube Celta, New Balance e Unión Guadalajara.

Na actualidade segue tomando parte e participando activamente en probas atléticas sendo, a nivel profesional, Policía no Porto de Vigo.

Xogos Proba Marca Posto
Barcelona-92 10.000 m.
28.50.38 11º na 2ª serie

Curriculum FGA