Resultados

IV. Ramón Magariños, o atleta das cualidades técnicas excepcionáis

Ramón Magariños Duro (A Estrada,1948) foi considerado por moitos como un dos atletas con millores cualidades técnicas e físicas para a práctica atlética. A súa excepcioal calidade non pasaría desapercibida para Julio Bravo que o levaría a Madrid de moi novo facendoo debutar nun encontro internacional un anos máis tarde, con 17 anos, circunstancia esta que repetiría noutras 44 ocasións ao longo da súa vida si sumamos as acadadas na categoría junior e xuvenil.

No ano olímpico de 1968 establecería un rexistro de 46.7 nos 400 m.l. que suporía un récord de España e o seu pasaporte para os Xogos. Unha vez na capital azteca tomaría parte o 10 de Outubro na terceira serie da proba acadando a 5ª posición con 46.9 (Récord de España eléctrico 46.92).

Chegaría a ser campión de España en dez ocasións nas probas de velocidade tanto de aire libre coma de pista cuberta dende o ano 1967 aó ano 1971

As súas millores marcas personáis serían de 10.4 nos 100 m.l.; 20.8 nos 200 m.l. e de 46.4 nos 400 m.l. estando ligado as cores do Real Clube Celta na maior parte da sua carreira deportiva.

Xogos Proba Marca Posto Observacións

México-1968

400 m.l.
46.9 5e3.
R.E.eléctrico 46.92

Curriculum deportivo RFEA

Curriculum deportivo Real Club Celta

Un espacio para la Historia. Ramón Magariños (de Emilio Navaza)