Resultados

Catro novos récords galegos no galego Benxamín, Alevín e Infantil do Barco

O Barco acollería a celebración do multitudinario Campionato de Galicia individual, Benxamin, Alevin e Infantil que en dobre xornada se desenvolvería nas Pistas de Atletismo de Calabagueiros.

O máis salientable sería sen lugar a dúbidas os catro novos récords galegos que se batirían no campionato correspondendo dous a cada categoría.

Mas mulleres as novas plusmarcas autonómicas corresponderían para a infantil do Atletismo Friol, e discípula de Jose Peña, Lucía Varela Molejón quen na proba dos 1000 Obstáculos acadaría un rexistro de 3.26.35. Na categoría alevín, e no concurso de xavalina, a atleta do RIA Ferrol Laura Rico Bouza mandaría o artefacto ata no novo récord galego de 24.14 m. .

No tocante ós homes, de novo os 1000 Obstáculos Infantiles volverían ser obxecto de millora da man do atleta do Ourense Atletismo Martín Rivera Pérez, quen pararía o crono nuns 3.08.82. A proba dos 1000 m. marcha benxamín sería outro das milloradas da man do atleta do Trega Christian Sierpes Pereira con 5.27.50

Ligazón

Compartir: