Resultados

Os equipos do Celta cumpliron os pronósticos nas súas citas da 1ª División

Os equipos celestes do Real Clube Celta en homes e Atletismo Femenino Celta en mulleres compitían no dia de hoxe en Alcorcón e Burgos respectivamente na súa fase de ascenso a División de Honra.

Malia as gañas e a motivación cas que acudían a estes encontros eran sabedores que de a realidade e os cálculos colocábannos polo medio da táboa, aspecto este, que se vería reflexado na clasificación final do dia de hoxe. Ao remate sexta posición para os homes con 75 puntos na que o máis salientable sería o trunfo de Fernando Paredes en Peso, asi como as segundas posicións de Gonzalo Basconcelo nos 3000 Obstáculos, Miguel Gonzalez en Pértiga e José Fernández na marcha para rematar co terceiro lugar de Miguel Cajaraville en pértega

No que atinxe ao Atletismo Femenino Celta e logo do cómputo das vinte unha probas, sétima posición á conclusión cun total de 70 puntos. O máis salientable da actuación das súas atletas correría a cargo de Esther Navarrete quen acadaría a victoría na proba dos 1500. Gisela Becerril en lonxitude e Andrea Pais nos 200 acadarían respectivamente a segunda e terciera posición

RESULTADOS HOMES RESULTADOS MULLERES

Compartir: