Resultados

Descenso a 2ª División do Lucus Caixa Rural Galega e do Atletismo Naron

Sen lugar a dúbidas a nota máis triste desta xornada de Liga protagonizaríanna os clubes do Atletismo Narón en homes e Lucus Caixa Rural Galega en mulleres os cales non foron quen de poder conservar a súa categoría na 1º División.

Como xa nos anunciaran os seus presidentes, a permanencia era un reto moi complicado pero non imposible acudindo con esta máxima a os seus respectivos encontros. Os de Narón na súa cita en Madrid e malia os trunfos de Adrian Ben nos 800 m., Miguel González nos 1500 m. Miguel Pérez nos 110 m.v. e o segundo lugar do ex olímpico David Martínez en Disco, non pasarían da oitava posición por equipos con 72 puntos, polo que o ano que ven terán que compitir na 2ª división

E na 2ª Division terán que compitir tamén , as lucenses do LUCUS Caixa Rural Galega, despóis de que na súa fase de permanencia desputada en Valencia non poideran pasar da oita posición con 77,5 puntos. Malia elo foi notorio o comportamento das súas atletas quenes pese a elo gañarían as probas dos 3000 m. con Sara López, os 3000 m. obstáculos con Marta Casanova asi como os 100 valados con Alicia Merino. Paula Ferreiros nos 400 e Miriam Otero nos 200 m. serían 2ª e 3º respectivamente.

RESULTADOS LUCUS RESULTADOS NARON

Compartir: