Resultados

Alvaro Valle:

O Clube de Atletismo Naron encara este sábado na localidade madrileña de Moratalaz, o último asalto correspondente a fase de permanencia da Primeira División Masculina. O su presidente, Alvaro Valle, fala claro e directo “se salvamos a categoría vai correr champán” consciente dos problemas en canto a baixas que o seu clube ven de arrastrar dende o comezo da primera xornada de liga

Precisamente foi este aspecto quen marcaría a situación do clube xa que “na primera xornada tivemos vinte baixas, cousa que na segunda foi ainda pior co tema dos exámes” laméntase o presidente da entidade quen engade de seguido “En condicións normáis a home por proba, temos un equipo moi competitivo que non tería problemas en manter a categoría”

Pese ao panorama, os naroneses acuden a esta última xornada con motivacion e gañas de compitir sendo realistas e conscientes da súa realidade. “Ten que sair todo perefecto xa que partimos con dúas baixas importantes as que se lle pode sumar unha máis, cousa que si se confirma poría moi complicada a nosa salvacion” para rematar indicando “xogámonos todo nesta ultima xornada na que teremos que agardar loxicamente a ver como veñen os demáis clubes”

Dende logo será importante para loitar pola permanencia contar ca participación dos atletas de clubes filiáis que nun total de seis tomarán parte nesta xornada. O Lucus Caixa Rural aportará a Adrián Ben, Miguel González, Pablo Modia e Iago Nuñez. Anxo Blanco do Coruña Comarca e Santiago Represas do Clube Atletismo Sada pecharán esta relación.

Xunto ao Atletismo Narón compiten nesta fase de permanencia, na que descenden os dous últimos equipos, o Parceiana-Extremadura, CEA Tenerife 1984, A.A. Moratalaz, I.S.S. L´Hospitalet, Bahia de Algeciras, Atlético San Sebastián e Super Amara Bat.

LISTA DE ATLETAS INSCRITOS

Compartir: